viernes 22 de enero de 2010

Sen dúbida

Que se queremos galego? Abofé que si!



Dende aquí, grazas a quen puxo o vídeo na rede.

miércoles 13 de enero de 2010

Da rapaza

Marta foi pouco a pouco deixando de loitar por todo o que antes quería, todo iso que agora lle provoca indiferencia.
Todos podemos ver que no seu interior, mentres algunhas cousas -como as ganas de continuar- van diminuindo, outras -como unha certa timidez, o medo, a desconfianza e o nerviosismo- mantéñense presentes e estables dende hai xa moito tempo. E como algo si que tiña que medrar, a profunda tristeza que apareceu un día sen dar explicacións vai invadindo á rapaza cada día un pouco máis.

Marta non ten fe, nin esperanza, nin moito menos ganas de saber que é o que vai pasar mañá. Para os demais, ten toda a vida por diante; para ela, a súa verdadeira vida quedou atrás.


miércoles 6 de enero de 2010

Silencio enxordecedor

Como unha escaleira que só serve para baixar ou ese frío que chega a queimar.


♪ Siento dentro que se acaban mis días,
el siguiente héroe caído puedo ser.
No quiero leyendas de valentías
ni medallas por cumplir con mi deber.
(...)
Los mejores años de nuestras vidas
se los estoy dando no sé a qué o a quién. ♪
Mirando al cielo - HUECCO

viernes 1 de enero de 2010

Adeus 2009, desencantada tras coñecerte

Érguese da cama intentando deixar nela calquer tipo de recordo. Vaise así sen máis, camiñando con paso apurado, gafas de sol parcialmente opacas e unha ou varias sombras das que non se pode separar e lle farán volver sempre, por tratarse do mal menor, ó lugar que rexeita.
_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_-_

Agora si, por fin un ano menos. Como din que hai que pedir un desexo, a este novo pídolle que se vai ter algo en común cos anteriores, se marche por onde veu.
E, paradoxas do día a día, co comezo dun ano rematou unha vida. Unha lembranza dende aquí a esa muller que despois de despedir o ano se despediu tamén de nós.


Comezarei o ano, como non, con música.


Tengo miedo, lo mismo que tú.

Y cada amanecer
me derrumbo al ver
la puta realidad.
(...)
Debo sobrevivir mintiéndome.

jueves 17 de diciembre de 2009

.

Palabras vacías, de nulo valor, que están escondidas detrás del telón. Telón de conformidad o de hastío, telón que no se aleja y se queda conmigo.